← Volver atrás

Fernández Carnicero, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Baños de Molgas
(Ourense)
- 07/07/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

México
- 01/01/1997 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 32 anos. Casou en 1926 coa mestra María Bouzas Pérez, exiliada; tiveron dous fillos: Antonio e Roberto. Estudou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e rematou no ano 1925. Médico en Baños de Molgas en 1928, de Ourense desde 1930 e tamén médico da empresa ferroviaria Vías y Construcciones, S.A. Os luns consultaba gratis ás familias pobres.

Militante do PCE en Ourense. Participou na edición de El Soviet.

Exiliado. Encarcerado.

Despois do golpe militar perseguírono os falanxistas e fuxiu a Portugal coa axuda duns curas e dos familiares; pasou logo a Francia e confinárono nun campo de concentración.

A súa consulta e o seu domicilio arrasáronas os fascistas.

Exiliouse en México e chegou a Veracruz o día 19/01/1937; alí exerceu como médico.

A súa dona pasou a Francia e chegou cos dous fillos a México o día 16/02/1939, no vapor Orinoco; alí xuntouse co seu home.

Regresou a España coa súa familia despois da morte de Franco, en agosto de 1978.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha