Nacemento:
Morte:
Mestre, filólogo e escritor, 34 anos. Casado con María Lamelas; tiñan un fillo: Orientado. Veciños de Souto, Santo André de Carnoedo, Sada (A Coruña). Regresou en 1903 a Galicia desde a República Arxentina coa súa nai e o seu irmán Manuel; dada a súa precaria situación a súa nai ingresounos no Hospicio de Santiago de Compostela (A Coruña). Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e graduouse aos 21 anos. Mestre nacional en Palas de Rei (Pontevedra) e en Santo Adrao de Veiga e San Sebastián de Devesos, Ortigueira (A Coruña). Desde 1934 mestre nacional en Souto.
Colaborou en diferentes medios de prensa: El Pueblo Gallego, Heraldo Guardés, El Compostelano, El Tea, La Libertad, La Democracia, La Voz de la Verdad, La Provincia e La Voz de Ortigueira.
Militante do Partido Galeguista (PG) en Sada. Militante da Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT). Presidente en 1936 do Ateneo de Cultura Política e Social de Sada, do que fora un dos fundadores no ano 1935.
Membro das Irmandades da Fala da Coruña desde 1924.
Vencellado as loxas masónicas de Santiago de Compostela, de Ferrol e de Agarimo nº 78 da Coruña.
Apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.
Paseado. Depurado.
Sacárono da súa casa o día 20 de agosto os falanxistas diante da presenza da súa dona e do seu fillo.
Morte rexistrada en Cesuras a causa dunha hemorraxia cerebral, eufemismo de tiro na cabeza.
O seu cadáver apareceu no quilómetro 47 da estrada Agolada-Betanzos, en Trasanquelos, á veira do río Mendo.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Trasanquelos.
Despois de morto depurárono do Maxisterio.
No ano 1940 procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.