← Volver atrás

Fernández Cid, Eliberto

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Santa María de Aguasantas, Cotobade
(Pontevedra)
- 04/12/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Tolón
(Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia)
- 25/08/1988 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro, 21 anos. Veciño de Allariz (Ourense).

Militante da CNT.

Exiliado. Encarcerado.

Loitou nas Milicias Confederais republicanas en Madrid desde o día 07/10/1936.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ourense, na causa 912/38, co resultado de arquivo das actuacións.

Vivía no país galo ao producirse a invasión de Francia polos nazis.

Apresárono os nazis o día 04/06/1940 en Dunkerque (Francia) e ingresárono no campo Krems-Gneixendorf stalag XVII-B (Austria). O día 19/12/1941 ingresou no campo de exterminio de Mauthausen (Austria); pasou por Dachau (Baviera, Alemaña), onde chega o 09/11/1942 e por Buchenwald (Weimar, Alemaña), a onde o envían o 30/01/1945 e de onde o liberaron as forzas aliadas.

Segundo certas informacións, despois residiu en Le Garde, Tolón, onde casou cunha española e exerceu de canteiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha