← Volver atrás

Fernández Colmeiro, José-María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Toxa, San Martiño de Pazos, Silleda
(Pontevedra)
- 21/09/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

París
(Francia)
- 10/06/1959 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico oncólogo, 37 anos. Veciño de Madrid. No ano 1912, con 14 anos, marchou desde o porto de Vigo (Pontevedra) para Montevideo (Uruguai), país no que tiña un tío; estudou na Facultade de Medicina da Universidade de Montevideo, onde se licenciou no ano 1928.

Na II República foi agregado cultural na embaixada española en Montevideo, onde entrou en contacto con Plácido Álvarez-Buylla Lozana. No ano 1936 regresou a España polo pedimento de Álvarez-Buylla, entón ministro de Industria e Comercio.

Xa en Madrid colaborou con Manuel Varela Radío.

Exiliado.

Enrolouse como médico no exército republicano ao comezo da guerra civil.

Co tempo trasladouse a Xibraltar con Álvarez-Buylla, ao que nomearan Consul Xeral de España en Xibraltar; Fernández Colmeiro aproveitou para colaborar na defensa da República e na fuxida de republicanos. Permaneceu en Xibraltar ata o día 20/02/1938, cando a Álvarez-Buylla o nomearon Consul Xeral de España en París, a onde o acompañou.

Na capital francesa traballou na Fundación Curie, da que foi director no ano 1939 e na que traballou ata o seu pasamento.

En abril de 1948 casou con Emma-Elvira Abella e tiveron unha filla: Rosalía.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha