Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, 29 anos. Casado, tiñan dous fillos.
Militante do PCE.
Encarcerado.
Participou como carabineiro na defensa da II República. Prendérono os rebeldes, fugouse e incorporouse ás milicias republicanas.
Capturárono as forzas sublevadas e internárono na Prisión Provincial de Lugo o día 05/03/1937; procedía do cárcere de Castropol (Principado de Asturias).
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 06/04/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 267/39, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Pena conmutada pola de catro anos, en febreiro de 1940, pola Comisión Provincial de Exame de Penas de Lugo. Deixárono en prisión atenuada o 23/08/1940 e concedéronlle a liberdade definitiva en outubro de 1943.
Ingresa por segunda vez na Prisión Provincial de Lugo o 12/02/1946, interrógano o seguinte 9 de marzo e trasládano á Prisión Provincial da Coruña o 16/03/1946.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 17/07/1946 polo delito de rebelión militar, na causa 75/46, co resultado de sentenza a dous anos de cades. Nesta causa procesaron a un toral de 64 persoas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.