← Volver atrás

Fernández Inclán, José-María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Figares, Villazón, Salas
(Principado de Asturias)
- 05/07/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Guarda
(Pontevedra)
- 02/07/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, 25 anos. Casado. Veciños de Nava (Principado de Asturias). Estudou Maxisterio na Escola Normal de Oviedo (Principado de Asturias). Profesor do Grupo Escolar de nenas e nenos de Nava.

No ano 1931 incorporouse á Asociación de Traballadores da Ensinanza de Asturias (ATEA); co tempo sería directivo. Militante da Agrupación Socialista (AS) de Laviana e , logo, de Nava; membro da CNT.

Executado.

Formou parte, como asesor, do Comité de Guerra da República en Nava.

Durante a guerra civil combate no Exército Popular da República na fronte asturiana; acadou o grao de tenente de Intendencia do 221º Batallón Daniel Secades e da 186ª Brigada.

Prendérono as tropas fascistas en outubro de 1937 cando tentaba a fuxida por mar, cara Francia, despois da caída da Fronte Norte. Internárono no campo de concentración de Camposancos, A Garda (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Camposancos polo Tribunal Militar Permamente nº 1 de Xixón, o día 08/06/1938, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono, con trinta compañeiros, nas inmediacións do cemiterio de Sestás, A Guarda.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha