← Volver atrás

Fernández Martínez, Alberto

Alcume: Mezquita
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

A Mezquita
(Ourense)
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Caracas
(Venezuela)
- 01/01/1968 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornalista, sindicalista e político, 38 anos. Mozo de Ana-María-Manuela-Isabel-Josefa Gómez González, Maruxa Mallo, exiliada. Veciños de Madrid.

Militante de Esquerda Comunista de España (ECE), partido trotskista; despois pasou ao Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM).

Fuxido. Encarcerado. Exiliado.

Cando se produce o golpe de Estado esta parella achábase nas Misións Pedagóxicas en Ourense. Fuxiron cara Portugal e Maruxa consegue embarcar cara Bos Aires (República Arxentina).

Mezquita buscou acubillo na casa da poetisa Gabriela Mistral, a cónsul chilena; agardou pola documentación e un barco que lle permitira fuxir de Portugal. Tentou marchar a Venezuela pola súa amizade co futuro presidente Rómulo Gallegos Freire, pero secuestrouno a PIDE portuguesa, torturárono e entregárono ás autoridades franquistas.

Gracias á intervención da diplomacia uruguaia por medio do embaixador Carlos-Rufino Gurméndez Victorica e do seu curmán, o xornalista Felipe Fernández Armesto, Augusto Assía, salvou a súa vida.

Foxe a Venezuela nos anos corenta grazas á súa amizade co político Gonzalo Barrios Bustillos; alí prendérono despois da caída de Rómulo Gallegos no 1948, exiliándose en Cuba. Volveu a Venezuela no ano 1958.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha