Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 25 anos. Casou en Olot (Girona), o 05/01/1938, con Dolores González Martínez (+ 03/08/2018); tiveron dous fillos: Manuel e Joaquín. Orfo de pai desde os 10 anos; o seu pai finou no afundimento do vapor-correo Santa Isabel o día 02/01/1921. Ao seren orfo da mariña, a Joaquín internárono nun colexio en Cádiz, onde estudou de 1924 a 1929, e que pertencía á Compañía Trasatlántica. Nos anos vinte trasladouse a Trintxerpe, Pasaia (Guipúscoa), localidade na que residían a súa nai Dolores e a súa irmá Manuela. Estivo censado na rúa Francisco Andonaegui, 19-2º, de Pasaia. En 1930 era maquinista naval da empresa Arrieta de Donostia.
Antes da guerra civil afiliouse ao Partido Comunista e a UXT.
Exiliado. Encarcerado.
Pertenceu aos gudaris pasaitarras e foi membro da Comisión de Axitación e Propaganda do Partido Comunista en Bilbao. Alistouse nas Milicias Antifascistas Obreiras e Campesiñas (MAOC), na 1ª Compañía do 1º Batallón Larrañaga; rematou con feridas na fronte de Larrarte (Guipúscoa) o 03/10/1936 e declarárono mutilado de guerra. No ano 1937 solicita o ingreso na Mariña de Guerra Auxiliar de Euzkadi (MGAE), non consta que o admitiran. En xullo de 1937 declarárono inútil para o servizo por mor das súas feridas.
Chegou á zona republicana en Cataluña e, en febreiro de 1937, pasa a Francia coa muller e o fillo; no país galo separáronos.
En Francia pasou polos centros de internamento e campos de concentración de Arles-sur-Tech, La Garde, Argelès-sur-Mer, Gurs, Septfonds, Ferminy-sur-Loire, de novo Argelès-sur-Mer, Récébédou, Nexon, Aixe-sur-Vienne e Bordeos, nos anos que van de 1939 a 1944.
Os franceses obrigárono a ingresar no Agrupamento de Traballadores Estranxeiros (GTE) nº 643 e destinárono á Organización Todt para traballar na construción do Muro Atlántico, de xeito concreto na base de submarinos de Bacalan (Bordeos) e con residencia no Campo Lindemann. Liberado deste GTE no ano 1945.
Despois traballou sete anos en Estrasburgo, onde se reune coa súa dona en marzo de 1952. Desde o ano 1953 residirían en París.
No ano 1975 os tribunais de Alemaña recoñecérono como vítima do nazismo e indemnizárono.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.