← Volver atrás

Fernández Salgueiro, Mario

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

San Cristovo de Ribeiras do Sor, Mañón
(A Coruña)
- 02/07/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/1980 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e político, 43 anos. Casou en Ribeiras de Sor con María Rego Lorenzo; tiveron unha filla e un fillo. Veciños de Ribeiras do Sor.

Co triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936 elixírono concelleiro e nomeárono síndico de Mañón, cargo que desenvolvía cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiro na Corporación de Mañón de 1936, entre outras persoas, a Jesús Castaño Galdo (alcalde), executado.

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 215/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Ingresado no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 04/05/1937. Participou no intento de fuga masiva desta prisión o día 22/05/1938 e capturárono o día 23.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña e concedéuselle a prisión atenuada o día 29/08/1940.

Incurso nun sumario diante do Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña en 1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha