← Volver atrás

Fernández Suárez, Justo

Alcume: Galochía
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

San Xoán de Vilaronte, Foz
(Lugo)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ribadeo
(Lugo)
- 23/07/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Chofer e político, 26 anos. Solteiro. Veciño do barrio do Fondrigo, en Vegadeo (Principado de Asturias).

Morte en enfrontamento.

No momento do golpe de Estado foi dos primeiros en acudir na defensa de Ribadeo fronte ao movemento faccioso, que enviaba tropas desde Lugo.

O coche que conducía e no que o acompañaban dous veciños e un garda municipal, interceptouno unha columna da Garda Civil procedente de Lugo e que mandaba o comandante Fernando Álvarez Holguín. Nese momento Justo botou a man ao peto para sacar un pano e foi tiroteado de morte por tentar facer fronte aos sublevados co ademán de sacar unha arma (testemuña dos represores); deixaron que se desangrara e maltratárono.

Morte rexistrada en Ribadeo a causa de “lucha armada” e vencellada aos feitos que ocorreron nesta localidade por mor do golpe dos militares sublevados.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Ribadeo con outras seis persoas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha