← Volver atrás

Ferreiro Lago, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado

Nacemento:

Mondoñedo
(Lugo)
- 20/01/1872 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Carballiño
(Ourense)
- 25/07/1962 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, escritor e xornalista, 64 anos. Casou no ano 1906 con Concepción Rodríguez Meyre. Veciños de Carballo (A Coruña). Estudou Dereito. En 1907 aprobou a oposición de Notarías. Notario en varias localidades, en 1926 era notario no Carballiño. En outubro de 1934 era notario en Carballo.

Nesta localidade dirixiu os xornais Hermandad, Vanguardia Republicana e La Tribuna Forense Gallega. Colaborou co Faro Villalvés.

Militou no Partido Republicano Galego (PARG) e, despois, en Esquerda Republicana (ER) da que foi presidente no Carballiño.

Procesado.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 357/37, co resultado de sentenza de sobresemento.

Xulgado na Coruña en 1939 por inxurias a Franco e tamén co resultado de sentenza de sobresemento.

En 1940 era notario na Estrada (Pontevedra) e xubilouse en 1947 cando era notario en Sueca (Valencia).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha