← Volver atrás

Ferrero del Caño, Pascual

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Figaredo, Mieres
(Principado de Asturias)
- 01/01/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
(Ourense)
- 21/03/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro, 20 anos. Solteiro. Veciño de Figaredo.

Militante do PCE.

Participou no ataque aos cuarteis da Garda Civil durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Executado.

Cando se produce o golpe militar cumpría o servixo militar no Batallón de Montaña Arapiles nº 7, evádese cara a zona republicana e combate como miliciano no 234º Batallón, 2ª Brigada Mixta da 1ª División despregada na Serra do Guadarrama. Tamén combateu no 218º Batallón Asturias.

Capturárono os fascistas despois da caída da Fronte Norte cando estaba a bordo do vapor Mont Seny e internárono no campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra, o día 13/08/1938, no campo de concentración de Camposancos co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, Ourense.

Outras fontes sinalan que o asasinaron na Prisión Central de Celanova (Ourense). Certas fontes reflicten como o seu primeiro apelido Ferreño.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha