Nacemento:
Morte:
Perito mercantil e empregado, 24 anos. Solteiro. Empregado do Banco Hispano Americano en Lugo. No ano 1934 trasladouse a Xixón (Principado de Asturias). Irmán de Arturo Figueiras Ceide, encarcerado.
No ano 1929 participou na constitución do Sindicato de Traballadores de Comercio e Finanzas, da UXT. En decembro de 1931 ingresou na Agrupación Socialista (AS) en Lugo, da que foi secretario; En 1934 ingresou na AS de Xixón. En 1932 pertencía ás Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU). Tamén exerceu de secretario da Casa do Pobo de Lugo.
Represaliado pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Exiliado.
Durante a guerra civil traballou de apoderado na Caja General de Reparaciones e xefe de contabilidade da Consellería de Guerra do Principado de Asturias e León.
Coa caída da fronte asturiana en outubro de 1937 marchou a Cataluña, onde se desenvolveu como comisario de Aviación.
Pasou a Francia ao remate da contenda española e o día 13/07/1939 embarcou no Mexique, chegando a Veracruz (México) o día 27/07/1939.
Viviu en México DF e adicouse ao comercio.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.