Nacemento:
Morte:
Mariñeiro e cociñeiro, 35 anos. Casado con Emerenciana Patiño Hermida, La Gallega; tiveron catro fillos. Veciños da Coruña. Traballou como cociñeiro en barcos grandes.
Militante da CNT.
Fuxido. Exiliado. Encarcerado.
Cando estoura a guerra civil estaba en Belfast (Irlanda do Norte) no barco no que traballaba. Volveu á Coruña e integrouse na CNT clandestina.
Manuel e Emerenciana fuxiron a Francia nun barco de pesca con outras 21 persoas e chegaron a Brest. Logo pasaron os dous a Barcelona e loitaron no exército republicano durante a guerra civil.
Ao remate da contenda escaparon a Francia polos Pireneos e estiveron en varios campos de concentración; a Manuel condenárono a traballos forzados e traballou na Liña Maginot nunha compañía de traballadores estranxeiros; logo incorporouse á resistencia francesa.
Prendérono os nazis no desenvolvemento da II Guerra Mundial en Estrasburgo stalag V-D (Gran Este, Francia). Deportárono ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria) o día 13/12/1940. Trasladado ao sub-campo de Gusen (Austria) o 24/01/1941.
Liberado pola XI División Blindada de EEUU o 05/05/1945; estableceuse con Emerenciana en La Grand-Combe, onde traballa como mineiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.