← Volver atrás

Fole Sánchez, Ángel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionado

Nacemento:

Lugo
- 11/08/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 09/05/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornalista e escritor, 32 anos. Veciño de Lugo. Irmán de Desiderio Fole Sánchez, encarcerado e sancionado, e de Salvador Fole Sánchez, tamén encarcerado. En 1927 trasladouse a Valladolid. Non chega a rematar a carreira de Filosofía e Letras que comezara na Universidade de Valladolid e tentou rematar na Universidade de Santiago de Compostela (USC); tivo que deixalo por problemas económicos.

Coa proclamación da II República ingresa no Partido Republicano Radical Socialista (PRRS). No ano 1935 pásase e noméano secretario provincial do Partido Galeguista (PG) en Lugo.

Colaborador de El Progreso, dirixe a revista Yunque, redactor de El Pueblo Gallego e editor da revista Resol. Correspondente en Lugo da axencia de noticias Febus (co tempo EFE).

Sancionado.

Despois de producirse o levantamento militar non quixo marchar ao exilio e o novo réxime fascista condenouno ao ostracismo interior. No ano 1941 pasou a vivir entre Quiroga, O Incio e O Caurel, coa intención de pasar desapercibido.

Regresou a Lugo no ano 1953 e en 1957 incorporouse á redacción de El Progreso.

En outubro de 1963 nomeárono membro numerario da Real Academia Galega (RAG).

No ano 1997 adicáronlle o Día das Letras Galegas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha