Nacemento:
Morte:
Mecánico, político e sindicalista, 52 anos. Veciño de Santa María de Bermés, Lalín. Aos 17 anos emigrou a Bos Aires (República Arxentina); estivo en Brasil, Chile, Perú, Estados Unidos e México, participando nas loitas laborais. Rematou ficando en Nova York como mecánico.
Cando se proclama a II República volve a Lalín en 1931, onde se converte no líder do movemento obreiro nesta comarca.
Vencellado á Sociedade Obreira de Santa Baia de Donsión, Lalín, da UXT. En febreiro de 1936 afíliase á Agrupación Socialista (AS) de Pontevedra.
Fuxido. Exiliado. Encarcerado.
Despois do golpe dos sublevados os falanxistas tentan prendelo pero consegue fuxir, aínda que ferido.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Agóchase ata lograr pasar a Portugal, onde embarca cara Francia e de alí pasa á zona republicana.
Nomeárono comisario de guerra, participou na Batalla de Brunete e na toma de Teruel.
Ao remate da contenda española volveu trasladarse a Francia e confinárono nun campo de concentración.
Disfrazado volve a Lalín en 1942 na agarda dunha amnistía, que non se produce; nesta encrucillada decide volver a Portugal e embarca no vapor Luso para México en outubro de 1942.
Exiliado en México ata a súa morte en 1973, nun hospital de Cholula.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.