← Volver atrás

Fontao Montenegro, Antonio

Alcume: París, Diógenes
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Taboada
(Lugo)
- 01/01/1887 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vila de Cruces
(Pontevedra)
- 08/01/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xastre ambulante, 49 anos. Solteiro. Veciño de Bandomil, San Martiño de Couto, Taboada. Tamén amañaba reloxos e máquinas de coser.

Encarcerado. Morte en enfrontamento.

Arrestado e ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 10/03/1939.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de asasinato e atraco a man armada, na causa 767/38, co resultado de sentenza a 12 anos de cadea.

No mesmo xuízo condenaron á pena de morte a José Eiriz Fernández.

Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 322 do día 18/11/1942. En prisión atenuada desde o 08/08/1942.

Tamén o requiriu o xuíz de Chantada (Lugo) na causa 68/48 por asasinato e na causa 13/49 o Tribunal Militar Territorial de Vigo (Pontevedra) por agresión á forza armada.

Morre nun enfrontamento coa Garda Civil en Vila de Cruces.

Nalgunhas fontes o primeiro apleido rexistraxe como Fontáns.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha