← Volver atrás

Fouz Mercader, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado

Nacemento:

Casteda, Santa María de Arcos, Chantada
(Lugo)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Garda civil, 25 anos. Veciño de Lleida. Irmán de Jesús Fouz Mercader, tamén encarcerado.

Depurado. Encarcerado.

Cando comeza a guerra civil desenvolvíase como garda civil con destino en Lleida. Depurárono os rebeldes pero segue traballando como garda en Palas de Rei (Lugo), onde casa con Julia Pérez Cela; teñen un fillo.

Semella que o día 01/02/1946 participa como garda nun enfrontamento contra guerrilleiros antifranquistas en San Vicente de Ulloa, Palas de Rei, no que morre un curo e un dos guerrilleiros.

Ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 22/02/1946 e na súa ficha carcelaria non se manifesta que sexa garda civil senón albanel. O día 09/03/1946 trasladárono á Prisión Provincial da Coruña.

Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial da Coruña odía 17/07/1946 polo delito de rebelión militar, na causa 75/46, co resultado de sentenza a seis anos de cadea. Nesta causa procesaron a 64 persoas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha