Nacemento:
Morte:
Labrego e xastre, 46 anos. Casou con Balbina Vilán Quinteiro; tiveron unha filla e dous fillos: Evangelina, Manuel e José. Veciños de San Xurxo de Sacos. Emigrou a Bos Aires (República Arxentina) onde se instalou como xastre.
De volta en Galicia pertenceu á Sociedade de Oficios Varios de San Xurxo e foi tesoureiro da Sociedade de Labregos desta localidade, que se converteu en sindicato en abril de 1936.
Fuxido. Paseado.
Despois da sublevación marchou a unha casa-panadería dun amigo en Nosa Señora do Carme de Seixo, Marín (Pontevedra). Alí permaneceu uns días ata que o buscou o seu fillo máis novo. Volveu ao seu domicilio e citárono no cuartel da Garda Civil.
Na noite do 10 ao 11 de agosto de 1936 un grupo de 14 gardas cívicos irromperon na súa casa e rexistrárona na procura do estandarte da sociedade a que pertencía; non a atoparon e levárono detido.
Despois de que o tiveran esnaquizado, os cívicos acabaron por asasinalo e guindárono nun terraplén. O seu corpo apareceu preto da Ponte da Rocha e soterrárono en Tenorio ao non permitirlle á súa familia que o levaran a San Xurxo.
A súa dona Balbina rapáronlle o pelo e prohibíronlle chorar en público.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.