← Volver atrás

Fraga García, Francisco

Alcume: o Coducho
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Betanzos
(A Coruña)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 24/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Camareiro e sindicalista, 30 anos. Casado con Julia Fraga Vázquez, de 28 anos; tiveron cinco fillos: Francisco, José, Julio, Antonio (morto de neno) e Ricardo. Veciños da rúa Ribeira, 89, en Betanzos. Camareiro do Café Barreiro da súa localidade.

Dirixente do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, da CNT, onde foi vogal en 1934.

Executado.

Detido pola Garda Civil, o día 22/07/1936, con José Naveira García e José Camba Chas nas proximidades de Palavea, A Coruña, cando viaxaban nun automóbil requisado; atopáronlles un mosquetón, unha pistola Astra de nove mm, dúas escopetas e cartuchos de dinamita.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 14/11/1936 acusado de tenencia de explosivos e rebelión, na causa 118/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

No mesmo xuízo a José Camba Chas condenárono a cadea perpetua e a José Naveira García, dos Listida, que conducía o coche, puxérono en liberdade. Naveira declarou que o obrigaron a levalos; eso mesmo declararon os irmáns Corral, dos que era chofer.

O seu avogado, Barreiro Raposo, defendeuno dicindo que ser do Partido Sindicalista non era motivo suficiente para castigalo.

Fusilado na Coruña; pasado polas armas.

Soterrárono no cemiterio da Coruña.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha