← Volver atrás

Freire Rivas, Segundo

Alcume: Cabanelas, o Ruso
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Redondela
(Pontevedra)
- 05/03/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Redondela
- 19/02/1987 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e político, 31 anos. Veciño de Redondela.

Ingresou no PCE no ano 1931. Membro do Comité Local da Fronte Popular (FP) en Redondela.

Procesárono por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Encarcerado.

Formou parte do Comité da Fronte Popular en Redondela. Despois foxe e mantívose agochado.

Prendérono en San Pedro de Cesantes, Redondela, en marzo de 1937.

Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) polo delito de rebelión militar, nunha causa de 1936, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña en agosto de 1940 e indultárono no ano 1941.

Internárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela, e na Prisión Central de Burgos, de onde saíu en liberdade condicional o día 29/10/1940.

Prendérono, de novo, a principios do ano 1942. Estivo preso na Colonia Penitenciaria de El Dueso, de onde sae en liberdade condicional no ano 1952.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha