← Volver atrás

Freiría Fernández, Evaristo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

Santa María da Guía de Randulfe, Tui
(Pontevedra)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Covelo, San Lourenzo de Arnoso, Ponteareas
(Pontevedra)
- 14/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado e político, 35 anos. Casado con María Cabaleiro Diz; tiñan sete fillos e dúas fillas: Segundo, Eugenia, Agustín, Mariano, Isidoro, María-Victoria, Evaristo, Luis e Germán. Veciños do Porriño (Pontevedra). Empregado de Avícola do Porriño.

Presidente da Casa do Pobo da súa localidade.

Detido, con outros, en maio de 1934 por tirar pedras contra a igrexa parroquial do Porriño o día 1 de maio; xulgáronos en Pontevedra e absolvéronos.

Fuxido. Paseado.

Despois do golpe de Estado foxe ao monte.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión, na causa 574/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Detido no monte polos fascistas con Severino Castillo Alonso a finais de agosto de 1936, torturado e asasinado.

Morte rexistrada por mor de traumatismos por disparos de arma de fogo.

O seu cadáver apareceu no lugar do Covelo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha