Nacemento:
Morte:
Médico cirurxián, 24 anos. Casado; tiñan tres fillas. Veciños de Barcelona. Os seus pais eran cataláns e volveu de novo a Barcelona, onde estudou Medicina; licenciouse en 1935.
Militante do Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC).
Exiliado. Encarcerado.
Durante a guerra civil foi xefe de sanidade do XVIII Corpo de Exército da República, co grao de maior médico. Estivo nas frontes de Aragón e de Cataluña.
Ao rematar a contenda española cruzou a fronteira cara Francia e confinárono no campo de concentración de Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).
Considerando Rusia como unha boa solución á súa vida, marcha para alá coa súa familia e exerce de cirurxián. Durante a II Guerra Mundial alistouse no Exército Roxo como médico. As dúas fillas pequenas morren de tuberculose.
Desde finais de 1947 solicita poder saír de Rusia pero non se lle permite ao acusalo de disidente; os españois tentan escapar por todos os medios. Detido en Moscova o día 08/01/1948 ao achacarlle que estaba vencellado cun intento de fuxida que descubriron.
Condenado a 20 anos de cadea o día 28/07/1948 pola súa suposta colaboración naquela tentativa. Ademais, expulsárono do Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC) e do traballo. Pasou oito meses na prisión de Lubianka, Moscova e despois confinárono no gulag de Kenguir, Steplag (Kazajistán); permaneceu preso de 1948 a 1955.
Aínda que quedou en liberdade o día 10/03/1955, non puido regresar a España ata o ano 1959.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.