← Volver atrás

Galego Mera, Ignacio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Executado

Nacemento:

Neda
(A Coruña)
- 01/01/1885 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 24/05/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mecánico e sindicalista, 51 anos. Veciño de Neda. Traballador dos estaleiros da Sociedad Española de Construcción Naval (SECN), en Ferrol, desde 1922.

Militante da CNT.

Depurado. Executado.

Participou en Ferrol na resistencia aos sublevados no momento do alzamento sedicioso.

Despedírono do seu traballo o día 01/10/1936.

Detido polos franquistas o día 26/03/1937 acusado de mandar cartas a familiares emigrados sobre os crimes que cometía o Réxime, ao serlle incautada unha carta con opinións consideradas desfavorables ao Movimiento.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 749/37, co resultado de sentenza de sobresemento pois infórmase da súa morte no Hospital da Mariña por mor dunha fractura da base do cranio e despois dun suposto intento de suicidio. Finou en estrañas circunstancias.

No devandito xuízo ditáronse sentenzas de sobresemento para: Ignacio Galego Mera e Juana Rodríguez Mera.

Segundo as autoridades franquistas foi vítima dun ataque de tolemia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha