← Volver atrás

Galera Moreno, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Sevilla
(Sevilla)
- 02/05/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Zamora
(Zamora)
- 01/10/1987 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 35 anos. Casou en 1935 coa tamén mestra e inspectora de educación Isabel López del Amo. Veciños de Lugo. Aprobou as oposicións de Maxisterio no ano 1926 e, en 1927, era mestre de San Román de Vale, O Vicedo (Lugo). No ano 1934 superou as oposicións de inspector de Primeira Ensinanza e nomeárono inspector da zona de Vilalba (Lugo).

Colborou en xornais como El Progreso e Vida Escolar.

Foi secretario da Asociación de Maxisterio Nacional no partido xudicial de Viveiro (Lugo). Concelleiro de Lugo no ano 1936 polas filas de Esquerda Republicana (ER) e dentro da coalición da Fronte Popular (FP).

Membro da loxa masónica Lucus nº 5.

Encarcerado. Depurado.

Prendérono os rebeldes, internárono na Prisión Provincial de Lugo o día 26/10/1937 e puxérono en liberdade o 27/01/1938.

En setembro de 1936 destituírono como inspector e suspendérono de emprego e soldo. En marzo de 1937 separárono do servizo.

No ano 1940 abríronlle un expediente no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo. En 1943 iniciaron na súa contra un expediente por responsabilidades políticas do que indultaron ese mesmo ano.

Trasladouse a Zamora onde instalou unha academia privada e onde se xubila en 1971.

Co tempo readmitírono na ensinanza pública e indemnizárono.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha