← Volver atrás

Gamallo Lois, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Cerdedo
(Pontevedra)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 01/01/1974 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Practicante, 33 anos. Casou o día 01/03/1948 con Nieves Adrio Sobrido, mestra depurada; tiveron dous fillos e unha filla: Nieves. Veciños de Cerdedo. Manuel gañou a praza de practicante do concello de Xeve (logo integrado no de Pontevedra) no ano 1935.

Militante de Esquerda Republicana (ER), foi concelleiro de Cerdedo en 1936.

Encarcerado. Depurado.

Detido despois do levantamento militar, o día 16/11/1936 ingresou na Prisión Provincial de Pontevedra.

Xulgado polos franquistas en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión, na causa 157/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

O día 03/03/1937 pasou á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Trasladárono ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o día 19/05/1937.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra, puxérono en liberdade condicional o día 21/06/1941.

Interno en San Cristóbal, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 198 do día 17/07/1941.

No ano 1936 afastárono da súa praza de practicante e no 1949 recuperouna, xa no Concello de Pontevedra.

Os seus fillos non souberon ata despois da súa morte as penalidades polas que pasara a familia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha