← Volver atrás

García Domínguez, Raimundo

Alcume: Borobó
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Pontecesures
(Pontevedra)
- 10/07/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 28/08/2003 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Escritor e xornalista, 20 anos. Veciño de Madrid. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Na II República ingresou en Esquerda Republicana (ER) e logo pasou a Vangarda de Esquerda Republicana (VER), na que exerceu de secretario de actas.

Encarcerado.

Cando comeza a guerra civil estaba en Santander (Cantabria), de alí pasou a Madrid onde participou na defensa da cidade no Corpo do Tren da Xefatura de Transportes. En 1938 era comisario de guerra nun batallón republicano.

Afiliouse á UXT e ao PSOE.

Ao remate do conflito bélico caeu preso dos fascistas o día 02/04/1939 e pasou por varios campos de concentración. Mandárono facer o servizo militar en Larache (Marrocos) varios anos.

Incorporouse as actividades clandestinas do seu partido facendo servizos de enlace.

Intermediario entre os socialistas galegos e a dirección socialista de Madrid.

No ano 1946 regresou a Galicia. Traballou como xornalista en La Noche e en El Correo Gallego e foi cronista oficial de Santiago de Compostela de 1949 a 1966.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha