Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 28 anos. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1931.
Dirixe Esquerda Republicana (ER) en Ordes e apoia a campaña da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936, acadando a alcaldía.
Exiliado. Encarcerado.
Cando se produce o golpe dos militares rebeldes atopábase, ocasionalmente, en Madrid e alistouse no 4º Batallón de Milicias Galegas, logo integrado na 1ª Brigada, 11ª División do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro; loitou en Madrid, Aragón e Cataluña; acadou o grao de capitán no Corpo Xurídico Militar.
Ao remate da guerra civil foxe a Francia, pasando por varios campos de concentración; é quen de fuxir do campo de concentración de Judes, Septfonds (Tarn e Garona, Occitania, Francia) e chegou a París.
No ano 1940 marcha para o exilio na República Dominicana no paquebote Cuba. Ao ano seguinte residía en Bos Aires, sendo partidario do apoio á guerrilla galega e á oposición antifranquista. Escribiu varios libros e exerceu o xornalismo político.
Finou na capital arxentina aflixido e enfermo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.