← Volver atrás

García Lagares, Arturo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

A Coruña
- 25/03/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Gusen
(Austria)
- 12/07/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Enfermeiro, 46 anos. Casado con Aurora Blanco Martínez desde agosto de 1921; tiñan un fillo: Juan. Veciños da rúa San Andrés, 38, na Coruña. Enfermeiro marítimo no vapor Órbita.

Afiliado no sindicato anarquista La Cosmopolita, asociación de camareiros, cociñeiros e enfermeiros marítimos.

Fuxido. Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción nos buque mercantes Monte Olivia, Monte Sarmiento e Órbita, na causa 205/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Traballou na Compañía Inglesa del Pacífico en 1936 e en marzo de 1937 atopábase en Barcelona.

Exiliouse en Francia ao remate da guerra civil e internárono nun campo de concentración.

Preso dos nazis alemáns en Zagan stalag VIII-C (Polonia) e enviado a Tréveris stalag XII-D (Renania-Palatinado, Alemaña) desde outubro de 1940. Deportado ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde ingresa o 25/01/1941. Trasladado e internado no sub-campo de Gusen o día 17/02/1941, onde se rexistra a súa morte.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha