← Volver atrás

García Rodríguez, Manuel

Alcume: o Porco, o Verdugo, o Sarxento
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Langullo, Santa María de Cesuris, Manzaneda
(Ourense)
- 01/01/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 03/09/1959 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro, 43 anos. Veciño de Langullo.

Fuxido. Executado.

Despois do levantamento golpista botouse ao monte, en xullo de 1936, co seu amigo Mario Rodríguez Losada, Mario de Langullo; outro amigo, Daniel Calvo Domínguez, o Barbeiro, permaneceu no pobo.

De carácter moi violento, acusárono da morte do cura de Santa María de Cesuris e de varios atracos. Mario de Langullo expulsouno do seu grupo logo da morte de Sebastián Rodríguez López, no ano 1942.

Desde 1945 estivo vivindo como unha toupa en Santiago de Palacín, Manzaneda, na casa de Gumersinda Rodríguez Fernández.

Gumersinda, viúva, con dúas fillas e un fillo, rematou por delatalo cando deixara en estado a unha das súas fillas e, na mañá do día 07/11/1958, a Garda Civil foi quen de detelo en Santa María de Pena Folenche, A Pobra de Trives (Ourense).

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 85/58, co resultado de sentenza a varias penas de morte.

Executárono no garrote vil na Prisión Provincial de Ourense.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha