Nacemento:
Morte:
Labrego e xornaleiro, 17 anos. Solteiro. Veciño de Boal.
Encarcerado.
Os franquistas acusárono de significado esquerdista e de participar armado e en gardas na defensa da II República diante do exército sublevado. Prendérono as tropas rebeldes e internárono na cadea en Castropol (Principado de Asturias).
Trasladárono ao Centro Penitenciario de Cumplimento de Bonxe, Lugo, o 23/08/1936 e membros da Garda Civil conducírono á Prisión Provincial de Lugo o día 15/12/1936.
Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial nº 4 de Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 965/36, co resultado de sentenza a 12 anos e 1 día de reclusión menor e inhabilitacion absoluta segundo resolución do 14/04/1937.
Deixárono en prisión atenuada na cadea de Lugo o 23/08/1940 por orde do capitán xeneral da VIII Rexión Militar.
Xulgado en consello de guerra en Xixón (Principado de Asturias) o 20/12/1941 polo delito de incitación á rebelión, na causa 705/41, co resultado de sentenza a 6 anos e un día de prisión maior.
Pena ordinaria conmutada na Comisión Central de Exame de Penas de Madrid pola de dous anos de prisión menor.
Puxérono en liberdade na Prisión Provincial de Lleida o 30/04/1942.
Certificaron a súa liberdade definitiva no mes de febreiro de 1944.
Abríronlle un expediente por responsabilidades políticas en Oviedo (Principado de Asturias) e indultárono no ano 1957.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.