Nacemento:
Morte:
Militar e político, 21 anos. Veciño do Grove.
Para fuxir da pobreza, aos 15 anos solicita o ingreso na Escola Aeronaval de Barcelona, obtendo o número 1 nas probas de acceso; a escola pechárona antes do seu ingreso.
Exiliado. Encarcerado.
Cando se produce o golpe de Estado, con outros mozos da súa vila, trasladouse a Pontevedra coa intención de defender a legalidade republicana fronte aos sublevados. A negativa do gobernador civil de entregarlles armas obrigounos a volver ao Grove, pasando á clandestinidade para evitar ser paseado polos falanxistas, que dirixía o garda cívico Joaquín Álvarez, o Potro.
En setembro de 1936 mobilizárono os franquistas e destinárono ao 102º Batallón, 105ª División do Corpo de Exército de Marrocos. Estiveron na reserva ata outubro de 1937, data na que se evade ao exército republicano cando combatía na fronte de Jaulín (Zaragoza) e ingresou na 151ª Brigada Mixta, 47ª División do XVIII Corpo de Exército do Exército do Centro. Participa na batalla de Teruel, na defensa das costas catalás e acadou o grao de capitán de compañía na batalla do Ebro, como comisario político.
En febreiro de 1939 cruzou a fronteira francesa e internárono no campo de concentración de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e despois en Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). En xaneiro figuraba na 211ª Compañía de Traballadores Estranxeiros e volveu a Argelès-sur-Mer en xuño de 1940.
O día 30/11/1942 os nazis detivérono en París e ingresárono na cadea de La Santé, da cidade parisina; en decembro de 1943 trasladárono á prisión central de Eysses, Villeneuve-sur-Lot (Lot e Garona, Nova Aquitania, Francia).
O día 15/06/1944 as SS nazis deportárono ao campo de Dachau (Baviera, Alemaña), onde chegou o día 20/06/1944; o 27/04/1945 entrou no campo de Allach, preto de Múnic (Baviera, Alemaña), onde o liberaron as tropas aliadas o día 30/04/1945.
Acadou o grao de capitán dos Francotiradores e Partisanos Franceses pola súa loita na liberación de Francia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.