← Volver atrás

Gato Figueiras, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Santiago de Bembrive, Vigo
(Pontevedra)
- 15/09/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xornaleiro, sindicalista e político, 30 anos. Casado con Rosa Seijo Rodríguez; tiveron tres fillos. Veciños de Santiago de Bembrive.

Vogal da Sociedade Cultural Helios de Bembrive. No ano 1936 era presidente da xunta do Sindicato Agrario Gandeiro da súa localidade.

Encarcerado.

Prendérono os facciosos o día 12/08/1936.

Xulgado en consello de guerra en Vigo o día 20/10/1936 polos delitos de auxilio e excitación á rebelión, na causa 496/36, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Internárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra); en marzo de 1939 trasladárono á Prisión Central de Astorga (León) e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 25/11/1939.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra e saíu en prisión atenuada da cadea luguesa o día 24/08/1940.

Abríronlle un expediente por responsabilidades políticas en 1940 e recuperou a libre disposición dos seus bens en 1944.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha