← Volver atrás

Gayoso Frías, Francisco

Alcume: Secretario
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

A Valenzá, Castrelo do Val
(Ourense)
- 10/03/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Caracas
(Venezuela)
- 10/01/1990 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Obreiro, 26 anos. Veciño de Santiago de Campobecerros, Castrelo do Val. Obreiro do ferrocarril na liña Zamora-Ourense.

Secretario do Sindicato de Oficios Varios de Campobecerros, da UXT. Militante do PCE e delegado do gobernador civil en Verín (Ourense).

Fuxido. Exiliado.

Despois do alzamento militar foxe a Portugal, pasando logo á zona republicana de Valencia e foi comisario político do 4º Batallón de Milicias Populares Galegas, logo integrado na 1ª Brigada, 11ª División do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro, na defensa de Madrid e onde se atopa cando remata a guerra civil; pásase á clandestinidade.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de adhesión á rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Acaba por pasar a Francia, a Cuba e, finalmente, a Venezuela.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1945.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha