← Volver atrás

Gil Navarro, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Nules
(Castellón)
- 23/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Albanel, 28 anos. Solteiro. Veciño de Nules.

Militante da UXT en Nules desde o ano 1926.

Encarcerado.

En xaneiro de 1938 nomeárono vicesecretario da Sección de Albaneis da UXT na súa localidade.

En marzo de 1938 incorporouse ás filas do exército republicano e formou no 196º Batallón da 49ª Brigada con base en Chivert (Castellón). Prendérono as tropas rebeldes a finais de 1938 cando a zona cae na man dos militares sublevados.

Xulgado en consello de guerra o día 20/09/1938 no Tribunal Militar Territorial nº 1 de Castellón polo delito de auxilio á rebelión, na causa 821/38, co resultado de sentenza a 20 anos de reclusión.

Internárono na Prisión Provincial de Castellón e, no mes de novembro de 1938, conducírono á Prisión Central de Astorga (León). Por orde da Dirección Xeral de Prisións trasladárono á Prisión Provincial de Lugo o día 16/11/1938, desde a que o enviaron á Prisión Provincial de Pontevedra o 24/03/1942.

Pena ordinaria conmutada na Comisión Provincial de Exame de Penas de Castellón, o día 31/03/1942, pola de 12 anos e un día de reclusión.

Puxérono en liberdade condicional na cadea pontevedresa o 29/01/1943 e regresou á súa localidade, Nules.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha