← Volver atrás

Gil Varela, Álvaro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Lugo
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 02/10/1980 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empresario, filántropo e funcionario, 34 anos. Casou o día 04/03/1931 en Lugo con Antonia Arias Vázquez; tiveron unha filla: María-Antonia. Veciños de Lugo. Orfo de nai aos nove anos, era o maior de seis irmáns. Estudou Comercio na Coruña que rematou no ano 1928. Doutor en Ciencias Naturais pola Universidade de Berlín. Axudante de Montes da Deputación Provincial de Pontevedra en 1929 en Lourizán (Pontevedra). Tamén traballou na Misión Biolóxica.

Colaborou coa revista Ronsel en Lugo.

Dirixente do Partido Galeguista (PG). Presidente da Xunta Provincial do Paro de Pontevedra en 1936.

Encarcerado. Depurado.

Despois do alzamento militar sedicioso pasou pola cadea na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Depurado no seu posto de traballo na Deputación por tres anos, desposuírono dos títulos académicos e abríronlle un expediente de incautación dos seus bens.

No ano 1939 ocupou cargos dirixentes na empresa Zeltia. Tamén traballou en Antibióticos, Pescanova, Cementos del Noroeste, Transfesa... Vicepresidente da Fundación Penzol.

Realizou un intenso e activo mezenazgo de obras de arte que cedeu a varios museos galegos.

Membro de honor da Real Academia Galega (RAG) de 1952 a 1971 e da Academia de Belas Artes de San Fernando.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha