← Volver atrás

Gómez Cortés, Ángel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

A Pasaxe, Santa Isabel de Camposancos, A Guarda
(Pontevedra)
- 12/10/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Gusen
(Austria)
- 14/01/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 45 anos. Casado con María Bernárdez Vicente (Principado de Asturias); tiñan unha filla e dous fillos: Gumersinda, Ángel e Domingo. Veciños da rúa San Sebastián, en Avilés (Principado de Asturias).

Militante da CNT en Xixón (Principado de Asturias).

Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.

Cando comeza a guerra civil alístase nas milicias asturianas o día 10/08/1936 e destinárono á 4ª Compañía do 212º Batallón Asturias, 4ª Brigada, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias. Loitou en Oviedo, no País Vasco e no Principado de Asturias antes da caída da Fronte Norte.

Ao remate da guerra civil pasa a Francia. Á súa familia evacuárona de Xixón en outubro de 1937.

Preso dos nazis, confinárono no campo de Les Alliers, preto de Angulema (Charente, Nova Aquitania, Francia). O día 24/08/1940 ingresa no campo de exterminio de Mauthausen (Austria) no "Convoi dos 927". Morre no sub-campo de Gusen ás 09:30 h e queimárono ese mesmo día; internárano en Gusen o día 24/01/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha