← Volver atrás

Gómez Martí, Daniel

Alcume: Pastaseca
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado. Desaparecido

Nacemento:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Zapateiro, 27 anos. Veciño de Marín (Pontevedra), onde chegou a familia dos Lamparillas no ano 1917. De familia de evanxelistas, pasáronse ao catolicismo en 1911. Irmán de José Gómez Martí, paseado.

Detido co seu irmán José en 1932 como autores do incendio da igrexa evanxélica de Marín; resultou absolto no proceso. Sofre outras detencións por pintadas subversivas na súa localidade.

Foi un dos fundadores das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) en Marín.

Fuxido. Paseado. Desaparecido.

Colaborou na defensa da legalidade republicana fronte aos golpistas o día 20/07/1936 e despois agochouse na cova de Papaminiños, en Ardán (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Xulgado tamén en 1938 en causa aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción co mesmo resultado anterior.

Semella que o pasearon e a súa morte non se rexistrou.

Algunhas fontes indican que o seu corpo apareceu nunha praia de Bueu (Pontevedra).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha