← Volver atrás

Gómez Vila, María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima Colateral

Nacemento:

O Incio
(Lugo)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casou co labrego Antonio Gallego Teimoy; tiñan cinco fillas e dous fillos: Dominica, Caren, Antonio, Mercedes, Celia, Lino e María. Veciños de San Martiño de Arroxo, Sober (Lugo).

O seu home foi concelleiro de Sober en 1936 por Esquerda Republicana (ER).

Vítima colateral.

A Antonio xulárono en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión, na causa 403/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Tamén o xulgaron en Lugo polo delito de auxilio á rebelión ou de rebelión militar, na causa 602/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 26/07/1937. Proceso contra varios veciños de Sober.

O seu home andou fuxido e forzas da Garda Civil prenderon lume ao monte onde se agochaba para obrigalo a saír; cando se puxo en descuberto matárono a tiros en Santiago de Toldaos, O Incio, o 03/08/1938. Morte rexistrada por mor de lesións orixinadas por disparos da forza pública franquista.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha