← Volver atrás

González Cid, Fernando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ourense
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 17/04/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Obreiro e labrego, 27 anos. Veciño de San Breixo de Seixalbo, Ourense (Ourense). Obreiro do ferrocarril.

Executado.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio á rebelión na causa 1061/36.

Neste expediente o tribunal condenou á pena de morte a: José-María Cid Nóvoa e Daniel Ferreiro Nogueira; castigaron a cadea perpetua a: Luis Abadín Morenza, Adolfo Blanco, Benito Cid Cid e Modesto Cid Paredes; 20 anos de cadea para José Abadín Morenza; penas de 15 anos de prisión a: José-Maria Fabello Quintas e Camilo Novoa Abadín; ditaron auto de absolución para: Celso Ferro Blanco, Germán González Lage e Julio Novoa Abadín. Procesaron tamén a: Víctor Espinosa Santás e aos irmáns Bernardino González Cid, Fernando González Cid e Gonzalo González Cid.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 813/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Condenaron á pena de morte neste xuízo a: Manuel Freire Gutiérrez, Fernando González Cid, Alberto Pereira Gutiérrez, Ramón Quintana Arce, Manuel Pérez Sáenz, Manuel Vidal Tesouro e Adolfo Zon Mera.

Castigaron a cadea perpetua a: Ignacio Delgado Vidal e Julio González Fernández.

Penas de 20 anos de cadea para: Teófilo Fernández Gómez, Ramón Freire González, Gumersindo González Fernández, Enrique Morales Adán e Ramón Pousa Sequeiros.

15 anos de cadea para: Ramón Carballo Fernández e Julián Estévez González.

Ditáronse penas de 12 anos e un día a: Evangelino Freire Lorenzo, Gonzalo González Cid e José González Morales.

Sentenzas de absolución para: Emilio Díaz Díaz e Ramón Santás Freire.

Declararon fuxidos a: José Borrajo, Secundino Borrajo, Santiago Cid, Avelino Cid Álvarez, Emilio Cid Álvarez, Ángel Fernández Lorenzo, Celso Fernández Lorenzo, Enrique Freire Gutiérrez, José Freire Lorenzo, Bernardino González Cid, Urbano Iglesias e Manuel Pereira Gutiérrez.

Fusilado ás 10:30 h no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.

Nese lugar e momento fusilaron a: Daniel Ferreiro Nogueira, labrego; Fernando González Cid, obreiro e labrego, e José Salgado, empregado.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.