← Volver atrás

González del Valle, Juan

Alcume: Juanito del Valle
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea. Depurado

Nacemento:

A Coruña
- 14/10/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Castelo de Hartheim
(Alkoven, Austria)
- 26/09/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor, escritor e político, 37 anos. Veciño da rúa Padre Feijoo, 3, na Coruña. A súa familia era das dereitas. Catedrático de Lingua e Literatura Española en varios institutos, postos que desenvolveu na Coruña, en Madrid e en Barcelona durante a guerra civil.

Membro da Federación de Traballadores da Ensinanza da UXT (FETE-UXT) da Coruña.

Académico correspondente da Real Academia Galega (RAG) en xaneiro de 1927 e do Seminario de Estudos Galegos (SEG) en febreiro de 1934.

Colaborador de Hora de España e Nova Galiza e das revistas Vida, Alfar e Alma.

Secretario de Dereita Liberal Republicana (DLR) na Coruña en 1931.

Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea. Depurado.

O inicio da guerra píllao en Madrid e formou nas Milicias da Cultura do Batallón Félix Barzana da FETE-UXT en Madrid da 1ª Brigada Internacional. Foi oficial do Corpo de Carabineiros en Valencia. Catedrático do Instituto de Linares (Xaén) e do Instituto Maragall de Barcelona.

Exiliado en Francia ao remate da contenda española.

Preso dos nazis alemáns en Angulema (Charente, Nova Aquitania, Francia). Deportado ao campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde o internan o día 04/08/1940. Trasladado ao sub-campo de Gusen (Austria) en xaneiro de 1941. Morte rexistrada no campo de exterminio de Hartheim, onde finou gaseado.

Depurado coa separación do servizo e a baixa na súa escala no ano 1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha