← Volver atrás

González Delgado, Leopoldo

Alcume: Copín
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

O Barco de Valdeorras
(Ourense)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Miguel de Biobra, Rubiá
(Ourense)
- 01/01/1944 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e obreiro, 34 anos. Veciño de Biobra. Obreiro do ferrocarril no camiño de ferro Zamora-A Coruña.

Militante da CNT. Fundador e presidente do Sindicato Único de Traballadores de Vilavella constituído en abril de 1936. Militante do Partido Galeguista (PG) en Rubiá, que se creara en abril/maio de 1936 e do que foi contador.

Encarcerado.

Despois do golpe de Estado declarouse a folga xeral en Vilavella, a requisa de armas e a neutralización das persoas reaccionarias; logo, e encabezados por Leopoldo, un grupo de operarios desprázase a Viana do Bolo para defendela fronte aos golpistas. Leopoldo González alístase voluntario na Lexión para escapar das represalias, de onde o expulsaron ao remate da guerra civil.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 1558/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

O tribunal condenou á pena de morte a Leopoldo González Delgado; penas de 20 anos para: José García Martínez e Francisco Rodríguez Carballal; castigaron a 15 anos a Segisfredo González Alonso; prisión de 12 anos e un día para: Luis Alfonso Varela e Amable González Brito.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Ourense pola de cadea perpetua.

Ingresado na prisión de Oviedo,na cadea de Talavera de la Reina (Toledo) e en varios campos de concentración, onde enferma de gravidade.

Sae da cadea de Oviedo en estado terminal e morre aos dous meses.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha