Nacemento:
Morte:
Factor do ferrocarril, 36 anos. Casou en 1925 con María Fernández Paz; tiveron un fillo e unha filla: Constantino e María. Veciños de Talavera de la Reina.
Militante da UXT e do PSOE.
Cando se produce a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 tiña o seu destino en Monforte de Lemos (Lugo), onde rematou castigado e trasladado en marzo de 1935 a Talavera de la Reina, como factor de 1ª clase. Nesta localidade toledana nomeárono presidente do Consello Ferroviario Local, pola que a súa actividade foi, máis que nada, sindical.
Executado.
Cando comezou a guerra civil evacuárono coa súa familia a Madrid o día 01/09/1936, onde o nomearon comisario político de compañía e de batallón na 112ª Brigada Mixta, 5ª División do VI Corpo de Exército do Exército do Centro na defensa da capital.
Ao remate da contenda española foxe cara Alacante e na viaxe cao o exilio francés, prendérono os alemáns no mar o día 30/03/1939 e devolvérono aos franquistas que o ingresaron no Castelo de San Fernando.
A súa dona María achegouse a Alacante para saber del, detivérona os rebeldes o día 28/09/1939 e condenárona a 12 anos de cadea polo delito de auxilio á rebelión. A María puxérona en liberdade condicional o día 17/10/1941.
Xulgado en consello de guerra en Talavera de la Reina, o día 13/05/1942, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 20 seguinte.
A Constantino fusilárono e soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Talavera de la Reina.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.