← Volver atrás

González Fernández, Evaristo

Alcume: Evaristo de Sela
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Granxa, Santa María de Sela, Arbo
(Pontevedra)
- 02/03/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 28/06/1994 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Catedrático, poeta e tradutor, 19 anos. Solteiro. Veciño de Arbo. Era o último de catro irmáns. Co tempo sería catedrático, poeta e tradutor.

Encarcerado.

Cando comezou a guerra civil mobilizárono os franquistas e desertou, con outros compañeiros, do Rexemento de Artillería Lixeira nº 15 de Pontevedra, 8ª Brigada de Artillería da VIII División Orgánica.

Cruzaron o Miño cara Portugal e prendéronos os policías portugueses, que os entregaron á Garda Civil de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra, o día 19/09/1936, polo delito de deserción co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Estivo na cadea en Caldas de Reis (Pontevedra) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Ingresárono no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), o día 11/10/1937.

Viviu en cárceres e campos de concentración ata que o puxeron en prisión atenuada o día 01/06/1941.

Enviárono ao campo de concentración de Miranda de Ebro (Burgos) e ao Batallón Disciplinario de Soldados Traballares nº 91 de Forteventura (Illas Canarias).

Despois licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e exerceu de profesor do Ensino Medio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha