← Volver atrás

González Fernández, Juan-Jesús

Alcume: Xoán Xesús, o Canteiro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Sebil, Santa María de Cequeril, Cuntis
(Pontevedra)
- 09/11/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 12/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro, avogado, mestre, xornalista, escritor e político, 40 anos. Veciño de Santiago de Compostela, onde rexentou en copropiedade a librería Niké. Estudou Maxisterio e Dereito.

Secretario da Agrupación Socialista (AS) compostelá, que abandona por desacordos polo tema estatutario. Membro do Sindicato de Canteiros da UXT, do que foi secretario. Dirixente da Agrupación Nacionalista Independente de Santiago de Compostela no ano 1931. Tamén en 1931 fundou e preside a Unión Socialista Galega (USG), que se disolve en 1933 e intégrase en Esquerda Republicana (ER). En 1936 expulsárono de ER, fundando entón Vangarda de Esquerda Republicana (VER).

Colaborou cos xornais El Compostelano, El Pueblo Gallego, A Nosa Terra, Ser, El Trabajo, Raza Celta, El País Gallego, Amañecer.

Executado.

Ao producirse o golpe militar púxose á fronte de 50 obreiros e labregos de Teo, O Terzo de Calo, que o 20 de xullo se dirixiu a Santiago de Compostela para a defensa da legalidade, ocuparon os edificios de Telégrafos e de Teléfonos. O día 22 remata a súa resistencia e agochouse polos montes de Cuntis (Pontevedra), rexeitando fuxir a Portugal na confianza da derrota dos reaccionarios.

Prendérono os rebeldes na Estrada (Pontevedra) e conducírono a Santiago de Compostela.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de traizón co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado nas tapias do cemiterio de Boisaca.

Nese lugar e data asasinaron a: Juan-Jesús González Fernández, Faustino Liste Forján, Serafín Mariño Santos, José Pose Míguens e José Tourís Castro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha