← Volver atrás

González González, Albino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

San Miguel de Mones, Petín
(Ourense)
- 18/11/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Castellón de la Plana
- 01/01/1981 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e empresario, 20 anos. Casou, despois de ser liberado, con María Gómez Torres, que xa fora a súa moza desde os tempos da guerra; tiveron un fillo: Jesús.

Exiliado. Encarcerado.

Cando se produce o golpe de Estado achábase en Donostia (Guipúscoa), alistouse no Exército Popular da República, acadando o grao de capitán, logo o de comandante e o de tenente coronel. Tamén foi comisario político.

No ano 1939 exiliouse en Francia e estivo no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). Militou na 63ª Compañía de Traballadores Españois e na resistencia francesa fronte aos nazis alemáns.

Coa caída de París en 1940 recluírono, con outros 7000 españois, primeiro en Tréveris stalag XII-D (Renania-Palatinado, Alemaña) e despois no campo de exterminio de Mauthausen (Austria), onde o internan o día 03/04/1941. O 02/07/1943 ingrésano no sub-campo de Sankt Lambrecht (Estiria, Austria).

Liberado polas tropas aliadas de Sankt Lambrecht o día 05/05/1945. Pasou cinco anos en Mauthausen, saíu con 30 anos e 36 kg de peso.

Volveu a Galicia, casou con María e marcharon vivir á Rúa (Ourense); foi empresario chocolateiro. No ano 1966 a parella marchou para Barcelona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha