← Volver atrás

González Miguel, Isaías

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ezcaray
(A Rioxa)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Illa de San Simón, Redondela
(Pontevedra)
- 05/08/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro, 27 anos. Solteiro. Veciño de Olloniego, Oviedo (Principado de Asturias).

Membro da Agrupación Socialista (AS) de Olloniego, da que foi vogal do seu Comité Directivo en maio de 1934 e militante do Sindicato de Obreiros Mineiros de Asturias, vencellado á UXT.

Na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 participou no ataque ao cuartel da Garda Civil de Olloniego.

Executado.

Participou na expedición de obreiros que saíron cara Madrid na defensa da República.

Durante a guerra civil sería xefe da policía en Olloniego e axente de Investigación e Vixilancia en Avilés (Principado de Asturias) en outubro de 1937.

Detido polos rebeldes ao caer a fronte asturiana en outubro de 1937 a bordo do San Juan de Nieva.

Xulgado en consello de guerra o día 23/06/1938 no campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra), co resultado de sentenza á pena de morte.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fusilado na Illa de San Simón.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha