← Volver atrás

González Oliveira, Manuel

Alcume: Porriño
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Catoira
(Pontevedra)
- 27/08/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barcelona
- 01/01/2002 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel e fotógrafo, 22 anos. Casado. Veciños da Torre, Santa Baia de Arealonga, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Traballou nunha empresa de auga e nunha fábrica de arames. Marchou á Coruña onde aprendeu o oficio de fotógrafo. Regresou a Vilagarcía de Arousa onde montou un pequeno estudo de fotografía cun socio.

Prendérono durante a folga xeral de 1933.

Encarcerado.

Cando se produce o golpe militar foxe ao monte para evitar a morte; entregouse ás novas autoridades franquistas en novembro de 1938 e considerárono desertor da Mariña.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos de cadea.

Preso no Instituto Valle-Inclán de Pontevedra e no penal de Ocaña (Toledo).

Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de un ano de prisión menor e extinguida o día 29/11/1939.

Volveu a súa terra e sufriu continuos abusos das novas autoridades, que lle fixeron unha vida dura.

Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas, que se iniciou en agosto de 1939.

Traballou de fotógrafo en Vilagarcía de Arousa ata 1987, ano no que marchou a Barcelona a vivir coa súa filla ata o seu pasamento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha