Nacemento:
Morte:
Industrial, 41 anos. Casado. Veciño de Ribas de Sil.
Vogal de Acción Republicana (AR) e, máis tarde, militante de Esquerda Republicana (ER) en Ribas de Sil. Concelleiro da súa vila en 1931 e 1º tenente de alcalde na corporación de 1936, por ER e dentro da coalición da Fronte Popular (FP).
Encarcerado.
Foi un dos dirixentes en San Clodio da resistencia ao golpe militar sedicioso. Prendérono os sublevados.
Ingresárono no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) e o día 20/05/1938 trasladárono, con outros compañeiros, á Prisión Provincial de Lugo.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión militar, na causa 1288/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 04/08/1938. Proceso contra varios veciños de Ribas de Sil.
Condenaron á pena de morte a Vicente González Quiroga, conmutada pola de cadea perpetua. Cadea perpetua para: Santos Arroyo Vidal e Jesús Macía Rodríguez. Prisión por 20 anos para Jesús Gómez Rodríguez, 15 anos para Manuel Rodríguez Rodríguez e 12 anos de cadea para Avelino Pérez Sánchez.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concédeselle a prisión atenuada o día 27/07/1943. A súa liberdade condicional publicouse no BOE nº 2181 do día 08/10/1943.
Procesárono por responsabilidades políticas en Lugo e indultárono no ano 1942.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.