Nacemento:
Morte:
Médico, 30 anos. Casou con Angelita Caamaño; tiveron dous fillos. Veciños de San Roque de Combarro, Poio (Pontevedra). Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e doutourouse en Madrid en 1930. No ano 1932 era profesor de Educación Física no Instituto de Segunda Ensinanza de Pontevedra. En 1934 era médico de Asistencia Pública Domiciliaria (APD) en Poio.
Fuxido. Exiliado. Sancionado.
Semella que despois do golpe dos militares rebeldes prendérono uns meses e foi quen de fuxir. Un falanxista e o cura acusárono de simpatizar coa Fronte Popular (FP), de amaño nas eleccións e esquerdista extremo.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 1166/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía en outubro de 1937.
Despois de manterse agochado, pasou a Portugal, a Francia. Volveu á zona republicana de Valencia e foi tenente médico provisorio do XXI Corpo de Exército. Ao rematar a guerra volveu a Francia.
Exiliouse en Santo Domingo, na República Dominicana, onde chegou o día 07/11/1939; embarcara no Flandre en Burdeos (Xironda, Francia). No país dominicano foi tenente médico e urólogo nun hospital militar; finou nun accidente dun coche militar.
En decembro de 1939 xulgouno o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña, que lle impón unha sanción de 15 anos de inhabilitación absoluta, oito anos e un día de desterro a 200 quilómetros de Pontevedra e unha multa de 10.000 pesetas. Indultárono no ano 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.